Skip to main content
4jun
Este evento xa pasou

Estamos preparados para convivir cunha IA total?

Xoves, 4 jun 2026
20:30h
O Coworking, Noia
11 prazas libres
Gratis

Vivimos un momento raro.
Deses momentos nos que parece que todo segue igual… pero en realidade todo está cambiando por debaixo.

A intelixencia artificial xa está empezando a transformar como traballamos, como vendemos, como aprendemos e como montamos negocios. E a sensación é que aínda non somos totalmente conscientes da velocidade á que vén todo isto.

Por iso nace esta tertulia.

NO-IA non é unha charla técnica nin unha presentación corporativa. É un espazo aberto para sentarnos, compartir ideas, medos, oportunidades e preguntas sobre o futuro que xa estamos empezando a vivir.

Falaremos de emprendemento, automatización, creatividade, traballo, internet e de como adaptarnos a un mundo onde cada vez máis cousas poden ser feitas por máquinas.

Pero sobre todo falaremos entre persoas.
Sen fume. Sen gurús. Sen vender nada.

Unha conversa para pensar xuntos que papel queremos ter como emprendedores e como sociedade nos próximos anos.

FACER * APRENDER * DESFRUTAR * COMPARTIR * CONECTAR * CREAR * INSPIRAR * FACER * APRENDER * DESFRUTAR * COMPARTIR * CONECTAR * CREAR * INSPIRAR * FACER * APRENDER * DESFRUTAR * COMPARTIR * CONECTAR * CREAR * INSPIRAR * FACER * APRENDER * DESFRUTAR * COMPARTIR * CONECTAR * CREAR * INSPIRAR *