Retiro Coworking Galicia
O Retiro
Traballa e vive en Galicia. Un pack completo de coworking, aloxamento e comunidade na costa galega para freelancers e pequenos equipos. Desde 1 semana.
Que é O Retiro?
O Retiro é un pack pensado para quen quere vir a Galicia a traballar durante unha tempada. Inclúe un posto no coworking, aloxamento na zona e acceso á comunidade de profesionais de O Coworking. Non é un hotel con WiFi. É unha experiencia real de vida e traballo na costa galega, cun equipo que che axuda a organizar todo — incluído o teu viaxe se o necesitas.
Que inclúe?
Posto de traballo
Acceso ao coworking con fibra óptica, monitor, cociña e todos os servizos profesionais que necesitas.
Aloxamento
Aloxamento individual na zona de Noia e alrededores. A túa propia casa, sen compartir.
Comunidade
Acceso á comunidade de O Coworking: eventos, afterworks, cursos e unha rede real de profesionais.
Xestión de viaxe
Se o necesitas, axudámoste a organizar voos, transporte e chegada. Cóntanos a túa cidade de orixe.
Recomendacións locais
Restaurantes, praias, plans e todo o que necesitas para sentirte coma na casa desde o primeiro día.
Para quen é?
Freelancers
Buscas un cambio de aires para traballar mellor? Ven unha semana ou un mes e comproba como rende traballar na costa galega.
Traballadores remotos
A túa empresa está lonxe pero ti queres estar preto do mar. Aquí tes todo para traballar sen renunciar a nada.
Pequenos equipos
Un retiro de equipo nun entorno inspirador. Casas individuais, espazo profesional compartido e experiencias locais.
Nómadas entre destinos
Precisas unha base durante unhas semanas? Galicia é o mellor segredo de Europa para traballar en remoto.
O entorno






A zona esencial
A Ría de Muros, Outes e Noia non se acaba na vila. Se vés unha semana ou un mes, isto é o que lle recomendamos a todo o que pasa por O Coworking.

Castro de Baroña
Un poboado castreño do século I sobre unha península de rocha metida no Atlántico. Non ten taquilla nin entrada: vas andando desde a praia e aparece. Con boa luz, é das mellores fotos que te levas de Galicia.

Cemiterio de Santa María a Nova
Un cemiterio medieval con máis de cen laudas gremiais — lápidas cos oficios tallados en pedra. Único no mundo. A dez minutos andando do coworking.

Igrexa de San Martiño
Fachada gótica do século XV, sen retoques, no corazón da vila. Aparece en calquera paseo que fagas polo casco histórico e segue sorprendendo.

Casco histórico de Noia
Rúas empedradas, soportais, escudos e pazos. Noia foi porto importante na Idade Media e aínda se nota. Paseo curto, cafés abertos e taberna garantida.

Praia de Broña
A praia grande de Noia. Cando baixa a marea, descóbrense quilómetros de banco de berberecho e mariscadoras traballando. Tamén é boa para correr, pasear ou levar o portátil a última hora.

Mirador do Castelo de Cando
Un dolmen de cinco mil anos agochado nun bosque de carballos, a dez minutos en coche. Sen cartel, sen guía, sen ninguén. Mellor plan para un domingo con néboa.

Pontenafonso
Unha ponte medieval de vinte arcos atravesando a ría entre Noia e Outes. Vinte e cinco minutos de paseo desde o coworking, sempre con vistas. Se a marea está baixa, a foto muda completamente.

Praia das Furnas
Praia aberta ao Atlántico con formacións rochosas e ondas serias, en Porto do Son. Aquí rodaron escenas de 'Fariña'. A vinte minutos en coche, cando queres desconectar de verdade.

Monte Louro e Lagoa de Xalfas
Unha lagoa costeira pegada ao mar, baixo un monte con vistas a media Galicia. Zona protexida, ruta suave e sen xente. O noso plan preferido para domingo pola mañá.

Casco histórico de Muros
Vila mariñeira con soportais de pedra pegados á ría. Empedrado, pazos e a Praza do Curro. A quince minutos en coche, pero lévate a tarde enteira se paseas sen presa.

Praia de Area Maior
Un quilómetro e medio de area branca cara ao océano, nas aforas de Muros (tamén chamada praia de San Francisco). Ideal para camiñar ao solpor ou meter os pés no Atlántico en agosto (frío pero real).

Miradoiro de Tremuzo
O mirador con mellor vista da ría de Muros e Noia, en Outes. Vinte minutos en coche por estrada de monte e aparéceche diante o mapa enteiro. Se estás aquí unha semana, que non se che pase.
Que facer no tempo libre?
Senderismo
Rutas espectaculares pola costa e o interior da Ría de Muros e Noia. Desde camiños polo litoral ata bosques de ribeira.
Ver rutas en Wikiloc →Surf e deportes acuáticos
Praias como Testal, San Francisco ou As Furnas. Condicións ideais para surf, paddle surf e kayak na ría.
Gastronomía
Berberecho de Noia, ameixa, polbo, empanada e viños da terra. Os restaurantes de Noia e Muros son unha experiencia en si mesmos.
Praias
Broña, A Gaviotas, Esteiro, Montelouro, Testal, Boa, Area Maior, As Furnas, Baroña, Aguieira... Praias enormes na mellor costa atlántica de Galicia.
Camiño de Santiago
Noia é punto final do Camiño a Fisterra e Muxía. Podes facer etapas soltas ou recibir peregrinos na vila.
Cultura e patrimonio
Igrexas románicas, hórreos centenarios, o casco histórico de Noia e Muros. Historia viva en cada esquina.
Preguntas frecuentes
Cal é a duración mínima?
1 semana. Podes quedar o tempo que queiras — moita xente acaba quedando máis do previsto.
Canto custa?
O prezo depende das datas, número de persoas e cidade de orixe. Cóbrenos o formulario e enviarémosche un presuposto personalizado en menos de 24 horas.
Que tipo de aloxamento é?
Casas e apartamentos individuais na zona de Noia e alrededores. Non compartides vivenda con ninguén.
Podedes axudarme co viaxe?
Si. Se nos indicas a túa cidade de orixe, podemos axudarche a buscar voos, transporte desde o aeroporto e calquera loxística.
O coworking está incluído?
Si. O pack inclúe acceso ao coworking con todos os servizos: fibra óptica, monitor, cociña e espazo profesional.
Podo vir en grupo?
Si. Podemos preparar aloxamento individual para cada membro do equipo ou grupo.
Necesito coche?
É recomendable pero non imprescindible. Noia ten servizos a pé e hai transporte público a Santiago (35 min).
Cóntanos que tes en mente
Dinos cando queres vir, cantas persoas sodes e de onde saídes. Preparámosche todo en menos de 24 horas.